HomeSucesosInvestigado un home de Chantada tras disparar e matar un can que...

Investigado un home de Chantada tras disparar e matar un can que atacara as súas ovellas

O imputado está relacionado cun delito de malos tratos animais con resultado de morte.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil procedeu a investigar a un veciño da localidade lucense de Chantada por disparar e matar a un can que atacara a varias das súas ovellas.

Segundo informou o Instituto Armado, en relación con estes feitos imputou en calidade de investigado a un veciño de Chantada de 61 anos de idade como presunto autor dun delito de malos tratos animais.

Os feitos tiveron lugar na tarde deste pasado luns no termo municipal de Chantada cando un can atacou a varias ovellas e o propietario das mesmas disparou cunha escopeta de caza ao cánido, propiedade dun terceiro, con resultado de morte.

Por iso, procedeuse a imputarlle un delito de malos tratos animais con resultado de morte e á incautación da arma de lume para depositala en intervención de armas ao dispor da autoridade xudicial.

A persoa investigada en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...