Investigan a morte dunha muller atopada nun pozo de Sindrán

Aconteceu en Susao, na parroquia de Sindrán, en Monforte de Lemos.

As forzas da orde investigan as causas do falecemento dunha muller caída nun pozo no lugar de Susao, Sindrán, en Monforte de Lemos.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 11:15 horas deste sábado, segundo explicou este servizo de atención ás emerxencias. En concreto, un particular solicitou axuda para acceder a unha muller caída nun pozo de Susao, na parroquia de Sindrán, en Monforte de Lemos.

Deste xeito, os servizos sanitarios de urxencia, os bombeiros de Monforte e a Garda Civil desprazáronse ao lugar.

Así mesmo, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Nacional, da Local e dos efectivos de emerxencias municipais.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here