InicioTerra de LemosMonforteDetida tras roubar 30.000 euros en xoias e diñeiro a un matrimonio...

Detida tras roubar 30.000 euros en xoias e diñeiro a un matrimonio que coidaba

Os feitos tiveron lugar en Monforte. Foi a neta a que se decatou de que faltaban obxectos de valor.

Publicado o

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a unha muller como presunta autora dun furto de xoias valoradas en 30.000 euros e máis de mil euros en efectivo que subtraeu na súa condición de coidadora a un matrimonio de idade avanzada en Monforte de Lemos.

Segundo informou a Policía Nacional, axentes adscritos á Comisaría Local de Monforte de Lemos encargados da investigación dos delitos relacionados co patrimonio detiveron a unha muller de nacionalidade marroquí por un delito de furto.

Á detida impútaselle a subtracción de “unha gran cantidade de xoias”, destaca a Policía, valoradas en 30.000 euros, así como a cantidade de 1.050 euros en efectivo, na vivenda dun matrimonio para o que traballaba.

Desde comezos do mes de abril, esta muller prestaba os seus servizos como coidadora dun matrimonio de avanzada de idade, quen en distintas habitacións da súa vivenda mantiñan escondidas as súas xoias, así como a cantidade de diñeiro en efectivo indicada, acumulada en metálico, indicaron as mesmas fontes policiais.

A comezos do mes de maio, a neta do matrimonio detectou a falta dos obxectos de valor e a cantidade de diñeiro en efectivo, debido ao que presentou denuncia na Comisaría de Policía de Monforte.

VENDA DE XOIAS

Tras os labores de investigación efectuadas por funcionarios policiais adscritos a esa comisaría, a Policía logrou determinar a implicación da coidadora nos feitos denunciados, quen no período dun mes realizara nove vendas de xoias en dous establecementos de compra venda de xoias da cidade de Lugo por valor de 14.500 euros.

Tras descubrir os feitos, produciuse a detención da coidadora, quen admitiu voluntariamente a súa participación e logrouse así a recuperación de parte das xoias subtraídas.

En concreto, as que integraban cinco de nove contratos de venda subscritos pola detida en dous establecementos de compra-venda, así como a intervención de case 7.000 euros.

A Policía Nacional destaca a colaboración efectuada polo Grupo de Patrimonio da Comisaría Provincial de Lugo para a recuperación de parte das xoias subtraídas.

Así mesmo, a Policía prosegue as investigacións para o total esclarecemento dos feitos, que ademais do prexuízo económico indicado, ocasionou a polo menos dous establecementos de compra-venda de xoias, outro valorado en 10.485 euros, tras ser vítimas dun suposto delito de estafa, puntualizan as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...