Un incendio nunha nave de madeira en Sarria obriga a activar o plan territorial de emerxencias da Xunta

O plan permite a mobilización de efectivos máis aló do nivel local ou comarcal.

Equipo de bombeiros | Fonte: CONCELLO DA CORUÑA

Un incendio declarado nunha nave dun negocio de madeira situada en Sarria obrigou á Xunta a activar o plan territorial de emerxencias, que permite a mobilización de efectivos máis aló do nivel local ou comarcal.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o lume iniciouse minutos despois das 18,00 horas nunha fábrica de madeira do lugar de Callás, na parroquia de San Fiz de Reimóndez.

Na zona traballan medios forestais, os bombeiros dos parques de Lugo e Monforte e efectivos do GES de Becerreá e de Monterroso.

Os profesionais céntranse no control do incendio declarado na nave, que está pegada a outro negocio dedicado ao aluminio.

Ademais dos efectivos anti incendios, a central do 112 tamén puxo o suceso en coñecemento dos bombeiros de Sarria, a Garda Civil, a Policía Local e Urxencias Sanitarias 061

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here