Morre o condutor dun coche tras saírse da vía no Saviñao

O accidente tivo lugar na noite deste xoves.

Ambulancia medicalizada / pontevedraviva.com

O condutor dun turismo faleceu na noite deste pasado xoves despois de sufrir unha saída de vía co vehículo que manexaba na localidade lucense do Saviñao.

Segundo informou o 112 Galicia, pasadas as 20,30 horas, un particular púxose en contacto co servizo de emerxencias para informar de que acababa de escoitar un golpe e atopar a un home inconsciente no interior dun coche no lugar de Belesar, na parroquia de Diomondi.

Por iso, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) comunicáronlle os datos do sinistro aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Chantada, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.

Finalmente, o 112 foi informado os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 do falecemento do condutor, polo que nada se puido facer por salvarlle a vida.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here