HomeSucesosUn detido en Monforte por agresión sexual á filla da súa parella

Un detido en Monforte por agresión sexual á filla da súa parella

Publicado o

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo en Monforte de Lemos a un home duns 40 anos de idade como suposto autor dunha agresión sexual a unha menor de 16 anos, con discapacidade, filla da súa parella. O varón, de nacionalidade peruana, permanece detido nas dependencias da comisaría da Policía en Monforte, á espera da finalización das dilixencias que se están practicando, para o seu posterior pase a disposición xudicial.

Un cohce patrulla da Policía Nacional/GC

Segundo informou a Policía Nacional a Europa Press, na madrugada do día 28 recibiuse unha chamada que alertaba de que nun domicilio da localidade se atopaba unha persoa con actitude moi “agresiva”. Ao chegar á vivenda, a avoa da menor relatou aos axentes que o home se encerrou nunha habitación coa nena e que, ao saír, levaba os pantalons “medio baixados”. No domicilio conviven a avoa, a nai e a filla.

O home, que nese momento estaba tamén na casa, foi detido no lugar e trasladado a dependencias policiais. Permanece arrestado á espera de que se conclúan as dilixencias policiais.

segundo caso en monforte no mes de agosto

Compre lembrar co pasado 16 de agosto, un home tamén foi detido en Monforte por suposta agresión sexual a unha menor de idade.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...