HomeSucesosDrons, cans e cabalos participan da segunda grande batida para atopar a...

Drons, cans e cabalos participan da segunda grande batida para atopar a Misi

Este xoves día 30 de agosto é a segunda xornada de batida extensa adicada á busca de Carlos Yáñez, Misi, desaparecido de Prodeme, en Monforte, a comezos de agosto.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado 18 de agosto xa se fixera unha batida centrada no río Cabe, con medios específicos para a auga, como o helicóptero da Policía Nacional de Vigo para ver a contorna do Cabe e un equipo de buzos dos GEAS que inspeccionaron o río.

Hoxe as labores cetráronse en terra, contando co Escuadrón de Cabalaría e a Unidade Especial de Guías Caninos da Polícia Nacional que chegaron desde Madrid, cos drons da Unidade de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), con integrantes do Consorcio Provincial de Bombeiros, con persoal de Servizos á Cidadanía de Monforte e axentes da Garda Civil e Policía Nacional.

Escuadrón de Cabalaría que busca a Misi / Foto: Rafa Aguiar

Seguindo os labores de busca estiveron o alcalde de Monforte, José Tomé e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. Os dous coincidiron en sinalar que o obxectivo principal era dar con Misi e que seguirían colaborando e estando en contacto para facer todo o necesario para atopalo.

Busca de Misi / Concello de Monforte

10 equipos traballan desde as 9.00 da mañá rastrexando nun radio de 3 quilómetros que ten como centro as instalación de Prodeme. Percórrese o casco urbano de Monforte, Ribasaltas, As Barrioncas, As Lamas e as zonas de acceso ás parroquias do Chao do Fabeiro, Baamorto, Seoane e A Vide.

Dispositivo busca Misi / Rafa Aguiar
Zona de rastrexo busca Misi / Rafa Aguiar

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...