HomesociedadeNo primeiro ano da pandemia Galicia foi a segunda comunidade que rexistrou...

No primeiro ano da pandemia Galicia foi a segunda comunidade que rexistrou menor incremento da mortalidade

A pandemia non afectou a todas as comunidades autónomas por igual. Os maiores incrementos de defuncións producíronse en Madrid, seguido de Castela-A Mancha (32,33%), Castela León (25,97%) e Cataluña (23,35%). As rexións que se viron en menor medida afectadas foron Canarias (4,19%), Galicia (4,97%), Murcia (5,78%) e Baleares (7,09%).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Galicia foi a segunda comunidade autónoma do Estado que rexistrou un menor incremento da mortalidade durante 2020, primeiro ano da pandemia. Así o reflicte un informe da Asociación Nacional de Servizos Funerarios (Panasef), que sitúa no 4,97% o aumento das defuncións na comunidade galega respecto das cifras de 2019.

Por contra, Madrid foi a comunidade autónoma española onde máis se incrementou a mortalidade o ano pasado, un 41% máis que en 2019, debido fundamentalmente á pandemia do Covid-19. En toda a rexión madrileña morreron o ano pasado 66.583, fronte ás 47.165 de 2019.

A media de falecidos en España en 2020 foi de 1.350 persoas ao día. Como contraste, durante os primeiros meses da pandemia a media de defuncións chegou a subir ata un 500% en cidades como na capital de España. En toda a rexión madrileña morreron o ano pasado 66.583, fronte ás 47.165 de 2019.

Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...