HomeSucesosIncendio no centro urbano de Monforte

Incendio no centro urbano de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

As 17:00 da tarde do venres 14 de setembro rexistrouse un incendio nunha cociña dunha vivenda sita no número 4 da rúa Real da cidade do Cabe.

Foron os veciños os que chamaron ó 112 alertados tras ver como saía unha intensa fumareda por unha fiestra do piso.

Tras a chamada, os bombeiros de Monforte, persoal sanitario do 061, efectivos da Policía Local e Protección Civil acudiron ó lugar dos feitos onde constataron que o fume era provocado por unha pota que quedara esquecida ao lume.

Tras este suceso, unha persoa foi atendida no lugar dos feitos polos servizos de emerxencias.

 

 

 

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...