HomeSucesosImportantes lumes en Quiroga e Folgoso do Courel

Importantes lumes en Quiroga e Folgoso do Courel

Tres lumes atacan os montes de Folgoso do Courel e outros tantos están presentes en Quiroga. Os máis graves, en situación 2 de alerta, son os das parroquias de Seceda e Vilamor --Folgoso do Courel--.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Folgoso do Courel segue decretada a alerta por proximidade ao núcleo habitado no incendio rexistrado na parroquia de Seceda, que se iniciou ás 1:40 horas do venres, e que, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta a unha superficie de 700 hectáreas.

O lume está próximo ao núcleo de Gamiz, na parroquia de Santalla, situada en Samos, municipio limítrofe. Neste incendio traballan un total de 8 axentes, 14 brigadas, 4 motobombas, 2 avións e 2 helicóptero. Tamén participa a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que despregou efectivos na zona.

Tamén segue decretada a alerta no incendio da parroquia de Vilamor, tamén en Folgoso, onde as chamas están preto do núcleo de Carballal. Este incendio empezou ás 20,42 horas deste xoves e mantense en 300 hectáreas queimadas, segundo as estimacións provisionais. Combaten as chamas 3 técnicos, 10 axentes, 19 brigadas, 11 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

Outro lume, o terceiro de Folgoso, permanece activo en Vilamor. Empezou ás 20,25 horas deste xoves e, segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 250 hectáreas. No seu control traballaron ata o momento 14 axentes, 15 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 6 avións e 4 helicópteros.

OUTROS TRES LUMES EN QUIROGA

En Quiroga permanece activo desde as 20:29 horas deste xoves un incendio na parroquia de Outeiro, que segundo as últimas estimacións afecta a unha superficie de 250 hectáreas –50 máis que no parte anterior de Medio Rural–. Para o seu control mobilizáronse 2 técnicos, 12 axentes, 11 brigadas, 11 motobombas, 1 pa e 4 avións.

Activo desde as 11,42 horas deste venres, tamén en Quiroga, hai outro lume, na parroquia de Nocedo, que rolda as 180 hectáreas. Combatérono 2 axente, 4 brigadas, 2 motobombas e 2 helicópteros.

E desde as 12:42 horas deste venres segue activo o terceiro lume de Quiroga, na Conchada, que afecta a 90 hectáreas como superficie provisional –20 máis que no último parte–. Para o seu control mobilizáronse ata agora 2 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas e 2 avións.

ÚLTIMAS

O PP da Pobra do Brollón pide maior planificación das obras

Teddy López realiza esta petición despois de ver como esta semana foron moitos os...

Abre a tempada de Rutas Fluviais na Ribeira Sacra con 15.453 reservas

A tempada 2025 das rutas fluviais pola Ribeira Sacra comeza cunha gran acollida por...

3CUMIOS, levando o nome da Ribeira Sacra ao máis alto

A Expedición Huascarán 2025 levaraos á Cordilleira Branca en Perú, a unha altitude de...

Ribeira Sacra fórmase en Novas Tecnoloxías IA para o sector vitícola

A iniciativa, tal e como explica a CEL, foi unha oportunidade única para coñecer...