HomeSucesosEn estado grave o menor accidentado en Monforte

En estado grave o menor accidentado en Monforte

O neno que o pasado mércores se precipitou á rúa desde unha xanela situada na terceira planta dun edificio en Monforte de Lemos (Lugo) segue hospitalizado no hospital materno infantil da Coruña, tal e como confirmaron a Europa Press fontes hospitalarias.

Publicado o

- Advertisement -

O neno que o pasado mércores se precipitou á rúa desde unha xanela situada na terceira planta dun edificio en Monforte de Lemos (Lugo) segue hospitalizado no hospital materno infantil da Coruña, tal e como confirmaron a Europa Press fontes hospitalarias.

A caída do neno, de entre 4 e 5 anos de idade segundo a fonte consultada, resultou amortecida por un coche estacionado co que impactou antes de precipitarse ao chan. De todos os xeitos, presentaba diversos traumatismos nas pernas e un forte hematoma na cabeza, que era o que máis preocupaba ao equipo de o atendeu, así como o sangrado por boca e nariz.

No entanto, ao alcalde Monforte, José Tomé Roca, explicou a Europa Press que, aínda que o neno presenta prognóstico reservado, “a evolución é positiva en principio” e sinalou que, “cantas máis horas pasan é positivo”.

Segundo a información que baralla o rexedor, a caída produciuse estando o neno en casa xunto ao seu pai e outro neno, ao parecer un irmán seu, e as circunstancias que rodearon o suceso fan pensar nunha “fatalidade”.

DECLARACIÓN DOS PAIS

Pola súa banda, a Policía Nacional tomou declaración a ambos os proxenitores e a posibles testemuñas, no marco da investigación que se abre para aclarar as circunstancias que rodearon un suceso deste tipo e así remitir todas as dilixencias ao Xulgado de Monforte en funcións de garda.

O suceso tivo lugar ao redor das 21,00 horas do mércores, cando o neno caeu á rúa desde unha xanela situada polo menos na terceira planta dun edificio de rúa Duquesa de Alba.

Os servizos sanitarios de urxencia evacuárono con vida ao centro hospitalario de referencia, após recibir a chamada de alerta de varios particulares, pero finalmente o neno foi trasladado á Coruña, dado o tipo de lesións que presenta. O 112 tamén informou á Policía Autonómica e a Policía Nacional, coa finalidade de esclarecer as circunstancias deste suceso.

ÚLTIMAS

Reactivadas as comunicacións para queimas agrícolas e restos forestais

Como vén sendo habitual, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de...

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a...

‘Foliada Guímara’ en Pacios da Veiga

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa que impulsa o Concello da Pobra do Brollón...

12 creacións e 3 participantes nas coplas para celebrar ‘Os maios’ en Monforte

O pasado mércores 7 de maio celebrouse en Monforte unha nova edición do Concurso...