HomeSucesosEsnaquizan todos os sinais dun parque infantil de bicicletas de Monforte

Esnaquizan todos os sinais dun parque infantil de bicicletas de Monforte

Ademais da desfeita no coñecido como 'parque das bicis' tamén se aprezaron desperfectos no valado de madeira do paseo fluvial na zona de Covas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Todo apunta a que uns actos vandálicos, que puideron acontecer o sábado 20 pola noite, deixaron unha intolerable desfeita nun parque infantil que hai no Paseo Fluvial monfortino, á altura da pasarela da Pinguela, na zona de Covas.

A zona infantil afectada é un circuito de cemento son sinalización horizontal e vertical, rúas e incluso rotondas. Un espazo ideal para que a cativada vaia coas bicicletas e se familiarice coa seguridade viaria.

Pois ben, na mañá do domingo os 28 sinais verticais que ten este circuito apareceron arrincados e algúns incluso esnaquizados, unha auténtica desfeita que indignaba aos paseantes e facía mal á vista.

Aspecto dos sinais / XdL

Ademais dos sinais, tamén se aprezaban tramos do valado de madeira do paseo fluvial rotos e tirados ao chan.

O valado esnaquizado / XdL

ÚLTIMAS

A ‘Romaría da Ermida’ xa é Ben de Interese Cultural

A nova de declarar Ben de Interese Cutural á 'Romaría da Ermida' chega no...

Queres participar nunha curta que se rodará do 22 ao 27 de setembro en Rosende?

La Plantación. Encuentros y Conocimiento organiza do 20 ao 29 de setembro un obradoiro...

A CIG Saúde reclama a apertura inmediata da Planta de Medicina Interna no Hospital de Monforte

A CIG Saúde asegura que a suspensión dos quirófanos débese á falta de cama...

​O monfortino Lucas Pavón Sanmartín, subcampión de España de pesca

O Club Pesca Río Cabe vén de colleitar un gran éxito nacional e reafirma...