HomeSucesosSinistro de circulación en Chantada

Sinistro de circulación en Chantada

Unha muller tivo que ser asistida este xoves despois de chocar co seu vehículo contra unha árbore.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi o que, ao redor das 11:15 horas comunicou o accidente ao 112 Galicia.

Os profesionais sanitarios aseguraban que a persoa estaba totalmente liberada e accesible, pero, con todo, indicaban que o seu estado era grave.

O accidente ocorreu cando o vehículo circulaba pola LUP-1803, quilómetro 20, en Vilaúxe.

O 112 Galicia nada máis ter constancia do accidente pasou aviso aos Bombeiros de Chantada, aos axentes de Tráfico, da Policía Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...