HomeSucesosInvestigado por circular a 190km/h nunha vía de 90Km/h en Pantón

Investigado por circular a 190km/h nunha vía de 90Km/h en Pantón

Trátase dun veciño de Salamanca de 34 anos.

Publicado o

- Advertisement -

Garda Civil investigou a un veciño de Salamanca, de 32 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria ao ser ‘cazado’ circulando a 190 quilómetros por hora pola N-120, á altura do municipio lucense de Pantón.

Segundo informa o Instituto Armado, ocorreu o pasado 19 de abril, cando un cinemómetro captou a un turismo a esa velocidade cando o límite é de 90 km/h, ao ser a máxima xenérica para ese tipo de vías. Ademais, nese tramo había unha indicación de perigo por baixada con pendente do 6 por cento.

Así, a Garda Civil comezou un labor de investigación para poder identificar o condutor do vehículo que consistiu en observar as fotogramas do cinemómetro, rastrexar os potenciais usuarios do coche e localizar en perfís abertos de redes sociais aquelas publicacións que conseguisen situar ao vehículo e ao seu condutor nun lugar próximo aos feitos.

ÚLTIMAS

Unha web para divulgar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A Xunta de Galicia vén de lanzar unha nova páxina web, ribeirasacrapaisaxedaauga.gal con toda...

O paro increméntase en xaneiro no centro-sur da provincia, agás na comarca de Chantada

Desde CCOO destacan o descenso do paro na comarca chantadina cunha diminución de 17...

O Xeoparque Montañas do Courel presenta o seu plan de actividades para este ano

Na programación inclúense tanto actividades de acceso público, caso das populares “Xeorrutas”, como as...

O Quixós volve de Portugal con 7 medallas individuais e un 3º posto por equipos

A fin de semana do 8 e 9 de febreiro tivo lugar na freguesía...