HomeSucesosVarias vivendas calcinadas na Cruz de Outeiro, Quiroga

Varias vivendas calcinadas na Cruz de Outeiro, Quiroga

O sinistro, que aconteceu na madrugada do pasado xoves 26 de setembro, afectou a tres casas e provocou a evacuación de varias persoas ao Hospital de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un grave incendio doméstico acontecido na madrugada do pasado xoves nunha vivenda da aldea da Cruz de Outeiro, no Concello de Quiroga, provocou que tres persoas foran evacuadas en ambulancia, por inhalación de fume e cortes, ata o Hospital de Monforte de Lemos. A boa noticia, segundo sabemos, é que ao pouco tempo xa foron dadas de alta.

Seica foi un particular quen, pola medianoite, chamou ao 112 Galicia e explicou que estaba a arder unha casa na Cruz de Outeiro. Nese momento, sinalou que había varias persoas no interior da vivenda e que non sabía se conseguiran saír ao exterior.

Desde o 112 Galicia activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Monforte, o GES de Folgoso do Courel e os axentes da Garda Civil. Ademais, tamén se informou ao persoal do distrito forestal da zona e aos voluntarios de Protección Civil de Quiroga.

Os equipos de extinción traballaron no lugar durante toda a madrugada para apagar as chamas, e a súa rápida actuación impediu que estas se propagasen a outras vivendas próximas da aldea. Pouco antes das 5 horas, confirmaron que o incendio estaba controlado.

Aspecto de como quedou a Cantina. Foto: RTMQ.

O lume comezou nunha casa turística con cantina –que rexentaba unha parella– e estendeuse polo garaxe –cun vehículo dentro–, a adega e unha vivenda lindante na que estaban as tres persoas que tiveron que ser trasladadas ao Hospital de Monforte.

O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, acudía pola mañá ata o lugar do incendio para interesarse pola situación dos veciños e dos inmobles.

Aínda que se especula que o lume puido orixinarse por algún problema eléctrico, haberá que esperar a coñecer máis detalles, evidencias e probas que conduzan a coñecer as verdadeiras causas do sinistro.

ÚLTIMAS

60.000€ da Vicepresidencia da Deputación para o Matadoiro de Sarria e a Festa do Cocido do Porco Celta que se celebra este 31 de...

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, deron...

Este 31 de xaneiro “Refuxio de inverno, viño e calma” na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A campaña destaca o inverno como un momento privilexiado para descubrir a Ribeira Sacra...

O PP acusa a Tomé de “subir até o máximo” o soldo como alcalde tras deixar a Deputación

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte acusaron ao alcalde, José Tomé,...

O programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou en Monforte de Lemos dous dos...