HomeSucesosLiberan unha persoa atrapada por unha perna cunha máquina de cavar

Liberan unha persoa atrapada por unha perna cunha máquina de cavar

Os feitos ocorreron sobre as 13,30 horas deste luns no lugar da Agra, en Corvello

Publicado o

- Advertisement -

Os Bombeiros de Monforte liberaron esta tarde a unha persoa que quedara atrapada por unha perna cunha máquina de cavar na localidade lucense de Sarria. O ferido foi posteriormente trasladado ao hospital en helicóptero.

Os feitos ocorreron sobre as 13,30 horas deste luns no lugar da Agra, en Corvello. Segundo a persoa que chamou ao 112, un home necesitaba axuda tras quedarlle unha perna atrapada nunha máquina agrícola. Concretamente, tratábase dunha motoazada e, a pesar de que estaba consciente, era necesaria a intervención dos bombeiros para liberar a súa perna e recibir asistencia médica.

Así, desde o 112 Galicia, avisouse aos Bombeiros de Monforte, así como aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que decidiron enviar unha dotación a bordo do helicóptero con base en Ourense. Ademais, foron alertados os axentes da Policía Local e da Garda Civil.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...