HomeSucesosDescarrilan tres vagóns dun tren de mercadorías na estación de Monforte

Descarrilan tres vagóns dun tren de mercadorías na estación de Monforte

Houbo un traballador que non sufriu danos, pero que, por precaución, foi trasladado ao hospital.

Publicado o

POR
E.P.
- Advertisement -

Un tren de mercadorías sufriu o descarrilamento de tres vagóns o pasado xoves na estación de Monforte de Lemos. Segundo relata Adif a Europa Press, a incidencia produciuse ás 20.30 horas do 21 de novembro durante a realización de manobra dun tren de Renfe Mercadorías (Vigo Guixar-León Mercadorías).

“A esa hora produciuse o descarrilamento de tres vagóns do devandito tren, afectando as entradas e saídas das vías 14 a 24, vías utilizadas polos trens de mercadorías, polo que non se viron afectados trens de viaxeiros“, explica. Segundo indican fontes de Renfe a Europa Press, o incidente tivo lugar nas “vías de apartado”, non afectou o tráfico nin houbo contratempos importantes. Sinala que houbo un traballador que non sufriu danos, pero que, por precaución, foi trasladado ao hospital.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...