HomeSucesosLocalizan en Quiroga a un peregrino desaparecido hai unha semana cando facía...

Localizan en Quiroga a un peregrino desaparecido hai unha semana cando facía o Camiño de Inverno

A perda de contacto coa familia sería debida a unha avaría no terminal móbil.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil localizou a un peregrino, de nacionalidade paraguaia, que se atopaba desaparecido nas inmediacións do lugar de Bendilló-Quiroga, nun tramo do camiño de inverno non accesible para vehículos a motor. Este camiño é unha variante do Camiño Francés que evita as cumes do Cebreiro, e por tanto, máis alcanzable no inverno. Segundo informan nun comunicado, os familiares do peregrino, residentes en Italia, perderon o contacto o pasado día 11 de xaneiro, tendo constancia de que se atopaba nas Medulas (León), para iniciar nese lugar o camiño de inverno en dirección a Santiago de Compostela.

Á primeira hora do día 13 de xaneiro, tras pasar dous días sen ter noticias do paradoiro do seu familiar, poñen en coñecemento das autoridades policiais de Milán que o día 12 a persoa desaparecida tiña que chegar á localidade do Barco de Valdeorras, non tendo constancia da chegada a tal localidade. A Interpol pon en coñecemento da Garda Civil estes feitos, por ser o corpo policial competente para realizar a investigación e localización deste cidadán, iniciándose unha procura incesante nas provincias de León, Ourense e Lugo, principalmente polos diferentes itinerarios do camiño e albergues de peregrinos.

Finalmente, a primeiras horas da tarde do día 13 de xaneiro, a Garda Civil de Quiroga, localiza ao peregrino nun tramo do camiño non accesible por vehículos a motor. Tras verificar que se atopaba en bo estado de saúde, os Axentes dispoñen os medios necesarios para que o peregrino se poña en contacto cos seus familiares e cesar así a angustia por non ter noticias súas. A perda de contacto sería debida a unha avaría no terminal móbil.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...