HomeSucesosAccidente múltiple en Sober por mor da saraiba

Accidente múltiple en Sober por mor da saraiba

Publicado o

- Advertisement -

Dous vehículos chocaron e un terceiro saíuse da estrada este martes no municipio lucense de Sober por culpa dunha forte granizada. Segundo informaron fontes de emerxencias, o accidente tivo lugar ao redor das 15.15 horas, xunto cando caía unha forte granizada sobre a zona, concretamente no quilómetro 530 da N-120, en Canaval.

Ao lugar desprazáronse o 061, os Bombeiros de Monforte, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

SAÍDA DE VÍA EN RIOTORTO

Esta tarde, ás 15.40 horas, producíase outro accidente de tráfico, esta vez no municipio lucense de Riotorto. Alí unha muller saíase da vía entre os quilómetros 47 e 48 da N-640, ao seu paso pola Órrea. A muller saíu polo seu propio pé do vehículo, ilesa, e non necesitou asistencia sanitaria.

ÚLTIMAS

Blas Rodríguez: “Inimaxinábel o traballo que teñen as probas de montaña”

Blas Rodríguez é un deportista apaixonado das carreiras de montaña e do Courel. É...

No Día de Rosalía, Celia Díaz dá unha charla ao alumnado do CEIP de Quiroga

Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas...

O comité de centros de atención primaria denuncia deficiencias graves na subministración de material

Aseguran desde o Comité que as deficiencias na subministración afectan a produtos básicos necesarios para...

Pregoeiros de cine na Feira do Viño de Quiroga

Edu Soto, é un actor, humorista e cantante español que traballou con con Andreu...