HomeSucesosConfirman catro anos de cadea para un detido en Monforte por delito...

Confirman catro anos de cadea para un detido en Monforte por delito contra a saúde

Nun fallo con data do pasado 1 de xullo, o TSXG desestima o recurso de apelación interposto pola representación do condenado e confirma a sentenza da Audiencia Provincial, que considerou probado que na mañá do 14 de novembro de 2021, o acusado, de 40 anos de idade, chegou á estación de Monforte nun tren procedente de Barcelona.

Publicado o

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección 2ª da Audiencia Provincial de Lugo que confirmaba catro anos de cárcere para un cidadán dominicano como autor dun delito contra a saúde pública, e que foi interceptado na estación de Monforte de Lemos tras apearse dun tren, e levando encima 250 gramos de cocaína.

Nun fallo con data do pasado 1 de xullo, o TSXG desestima o recurso de apelación interposto pola representación do condenado e confirma a sentenza da Audiencia Provincial, que considerou probado que na mañá do 14 de novembro de 2021, o acusado, de 40 anos de idade, chegou á estación de Monforte nun tren procedente de Barcelona. Na terminal esperábanlle efectivos de Policía Nacional, xa que recibiran unha información sobre a chegada dun cidadán suramericano con droga.

Unha vez interceptado, os axentes pedíronlle a súa documentación e informáronlle de que investigaban a chegada dunha persoa con droga á estación de tren. Ao inspeccionar a súa equipaxe, atoparon un bote envolto en papel de agasallo e, ao abrilo, descubriuse a droga.

O acusado alegou que descoñecía que levaba cocaína e, no xuízo, explicou que alguén en Barcelona deulle o bote envolto, co encargo de que o leva ata Monforte, e coa indicación de que contiña pastillas de Viagra; todo iso coa promesa de que lle pagarían 700 euros, ademais do billete de tren.

Con todo, a Audiencia sinalou na sentenza que o home transportou esa droga “de maneira consciente” na súa maleta, e lembra que, segundo o testemuño das testemuñas policiais, el mesmo indicou aos axentes onde se atopaba “o que buscaban”.

Por todo iso, impuxéronlle unha pena de 4 anos de prisión e multa de 30.000 euros. Así mesmo, estableceuse que, unha vez que a sentenza sexa firme, resolverase sobre a posibilidade de substituír a execución da pena de cárcere pola expulsión do territorio nacional (o acusado está en España en situación irregular).

Contra a sentenza do TSXG pódese interpor recurso de casación ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...