HomeSucesosPresunto 'axuste de contas' a un chantadino

Presunto ‘axuste de contas’ a un chantadino

A Garda Civil detivo na provincia de Ourense, no marco da 'Operación Wailit', a tres cidadáns dominicanos por presuntos delitos contra un veciño de Chantada. Acúsaselles de roubo con violencia e intimidación, detención ilegal, ameazas de morte con arma de fogo e tráfico de drogas.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo a Garda Civil, os feitos tiveron lugar na madrugada do pasado 19 de xaneiro no termo municipal de Chantada cando varias persoas se apearon dun turismo e abordaron a un veciño desta localidade luguesa, ao cal, tras agredilo, introducírono “á forza” no interior do vehículo e dirixíronse ao domicilio da vítima.

Unha vez no interior da vivenda subtraéronlle a súa documentación persoal, teléfono móbil e xoias de ouro. Mesmo chegaron a ameazalo de morte cunha arma corta se non efectuaba o pago dunha débeda contraída cos agresores. O Galicia Confidencial ofrece información máis detallada sobre este suceso.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...