HomesociedadeO luns día 4 non se poderá aparcar na Rúa Dalmiro da...

O luns día 4 non se poderá aparcar na Rúa Dalmiro da Valgoma de Monforte

A renovación do alumeado público continuará nos vindeiros meses na gran parte das rúas da cidade

Publicado o

- Advertisement -

O luns día 4 de xuño non se poderá aparcar na rúa Dalmiro da Valgoma de Monforte con motivo da renovación do alumeado público. Para iso, o domingo ó longo da noite, a Policía Local colocará vallas para que ó día seguinte os operarios poidan traballar.

Esta actuación é a continuidade dun proxecto de mellora do alumeado público que xa se fixo noutras zonas da cidade na contorna da Compañía, Avenida de Galicia e Francisco Moure.

Deste xeito rematarán unhas obras que foron anunciadas polo Equipo de Goberno e no cal se investiron 40.000 euros.

 

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...