HomeCulturaA Pobra do Brollón dinamiza a vila co Camiño de Inverno

A Pobra do Brollón dinamiza a vila co Camiño de Inverno

O equipo de goberno activa varias iniciativas turísticas de cara ao verán.

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde de Pobra do Brollón, José Luis Maceda xunto co seu equipo de goberno e a colaboración dos arqueólogos Xosé Gago e Xurxo Ayán, teñen como obxectivo dinamizar a economía da comarca con diversas iniciativas turísticas de cara ós vindeiros meses estivais.

Neste eido, vaise habilitar unha parte do pavillón municipal con camas para poder albergar ós peregrinos que pasen pola zona e poidan pernoctar no concello. Esta iniciativa terá carácter solidario, é dicir, os peregrinos so pagarán o que eles consideren oportuno. Os cartos que se recaden investiranse en iniciativas turísticas. Dende o goberno local tamén anuncian que están traballando para que o antigo Cuartel da Garda Civil sexa remodelado e aberto como albergue. Todas estas actuacións están encamiñadas para poder aproveitar o tirón turístico do Camiño de Inverno ó mesmo tempo que provocar que os visitantes deixen cartos nos establecementos do concello.

Por outra banda, tamén se van explotar os recursos naturais existentes. Da man do arqueólogo Xosé Gago vaise comezar a facer rutas turísticas de dous días de duración onde se vai visitar o Castro de San Lourenzo, o Mirador da Capela de Vilachá e as súas bodegas onde está previsto que dous adegueiros colaboren ofrecendo os seus caldos ós visitantes, paseo polos tempos de María Castaña na parroquia de Cereixa, visitar, de xeito controlado, a Coba das Choias e acudir ata a casa de Repil onde se fará unha breve explicación e recreación do alí sucedido.

Con todas estas novidades sobre a mesa, o Concello quere incentivar o turismo, a economía e a iniciativa privada para que a Pobra do Brollón teña cada día máis visitantes e veciños vivindo na vila.

En canto á economía, o alcalde salienta que, aínda que é complicado e é un proceso longo, tamén se pretende incentivar o emprego facendo uso do seu nicho de traballo máis relevante, as persoas maiores. Para iso, están pendentes de firmar coa Deputación de Lugo o convenio para a construción dunha residencia que dará traballo ós veciños ó mesmo tempo servizo a todos aqueles que o necesiten.

 

ÚLTIMAS

Multitudinaria Romaría do Faro con entrega de novas xoias para a Virxe

Este domingo, 8 de agosto, o Concello de Chantada celebrou a Romaría do Faro,...

A A.V. do Saviñao solicita do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra dúas intervencións turísticas no municipio

A Asociación Veciñal do Saviñao asegura que o Consorcio de Turismo sinalizou algunhas rutas...

Sarria acollerá o 12 e 13 de setembro as dúas primeiras etapas da Volta a Galicia

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o presidente da Federacion Galega...

120.000€ para a ampliación do aparcadoiro do Polígono do Reboredo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o espazo onde se...