HomeCulturaOs animalistas rexeitan rotundamente a construción dunha canceira en Monforte

Os animalistas rexeitan rotundamente a construción dunha canceira en Monforte

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber insta ó goberno da Deputación de Lugo a implementar medidas de axuda ós animais como pasa na Coruña, onde se destinaron 150.000 euros para cofinanciar a implantación de chips, intervencións veterinarias, manutención ou a contratación de persoal especializado, como cuidadores ou veterinarios. Deste xeito lémbranlle á Deputación de Lugo que a única medida recente que tomaron ó respecto dos animais foi a construcción dunha canceira de grandes dimensión, posto que vai dar servizo ós 22 concellos do sur da comarca de Lemos. Canceira que eles rexeitan por completo posto que insisten en que é un modelo caducado.

Finalmente, dende a organización en defensa dos animais, consideran que o goberno provincial ten marxe económico suficiente para convocar axudas directas ás diferentes asociacións que rescatan e rehabilitan centos de animais cada ano na provincia e deste xeito evitar a construcción de canceiras.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...