HomeCulturaMonforte celebra o seu concurso de tapas amateur

Monforte celebra o seu concurso de tapas amateur

O concurso de tapas amateur forma parte das novidades incorporadas o Cume Tapas con motivo do seu décimo aniversario

Publicado o

- Advertisement -

O martes, 26 de xuño ás 17:30 horas, no Salón do Centro do Viño da Ribeira Sacra, celebrarase o concurso de tapas amateur. 

Beatriz Vila, organizadora do Cume Tapas considera que “a resposta do público en xeral foi boa. Tanto na proba de tapas nos locais de hostalería, que nunca antes tiveran tanta xente probando as tapas do concurso, como nas inciativas que se estrearon este ano con motivo do décimo aniversario do Cume Tapas”. “Á xente de a pé cada día mostra máis interese pola cociña, por aprender a facer pratos novos, pola innovación culinaria e saudable. Ademias, o feito de saber que se reparten 3 vales de 50 euros cada un por parte do CCU ás 3 mellores tapas amateur, creo que tamén axudou a que os veciños mostrasen o seu interese pola elaboración dos petiscos. De tódolos xeitos, animo a todos os monfortinos que queiran optar a levarse un vale de 50 euros para gastar no comercio local para a casa, que chamen ó número 982.41.20.50 tanto na fin de semana como durante todo o día do luns, para anotarse de xeito gratuíto. O martes á tarde teremos todo preparado para que os afecionados á cociña poidan demostrarnos as dúas dotes entre os fogóns”.

Durante a xornada do martes tamén se celebrará a final do Xurado Técnico onde se darán a coñecer os gañadores en cada unha das modalidades. Finalmente daranse a coñecer os gañadores do concurso fotográfico realizado por internet, a tapa saudable, o premio especial o compañeirismo e o sorteo de cupóns.

 

ÚLTIMAS

O Quixós non falta á súa cita co descenso do Cabe en Aninovo

O Club Quixós instaurou dende hai uns anos a tradición de comezar o ano...

3000 prazas para o Coñece a túa provincia que abre prazo do 12 ao 16 de xaneiro

Nesta edición, o programa ofrecerá 3.036 prazas e contará cun orzamento de máis de...

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...