HomeSucesosOrde de derrubo inmediata dos restos da casa esborrallada na Rúa Compañía...

Orde de derrubo inmediata dos restos da casa esborrallada na Rúa Compañía de Monforte

O informe realizado polos técnicos do Concello analiza a situación actual do inmoble e declárao tecnicamente en ruínas. Deste xeito, deberanse levar a cabo os traballos pertinentes de demolición do mesmo á maior brevidade posible por parte dos seus propietarios.

Publicado o

- Advertisement -

Como informou o XdL, a casa do número 24 da Rúa Compañía de Monforte, e que está ubicada en solo urbano en réxime de casco antigo, veuse abaixo de xeito impredicible a noite do 10 de xullo.

O informe realizado polos técnicos do Concello recolle que, tras analizar a situación actual do inmoble, este declárase en ruínas e polo tanto, deberanse de levar a cabo os traballos pertinentes de demolición do mesmo á maior brevidade posible, nunca nun prazo superior a 10 días.

Neste informe elaborado de urxencia, os técnicos municipais detallan as causas para que a casa sexa declarada en ruínas; os costes das obras necesarias deberán exceder na metade do custo de reposición da edificación ou dunha nova construción de similares características e que o edificio presente un esgotamento xeralizado dos seus elementos estruturais fundamentais. Por outra banda, tamén se detalla que a estabilidade da construción non está garantida, sobre todo a fachada, e existe un risco inminente de que en calquera momento se poidan producir novos derrubes e desprendementos, supoñendo unha situación grave de perigo para a vía pública e as propiedades lindantes. A evolución do inmoble é absolutamente impredecible e pode verse agravada pola época de tormentas que se padece actualmente, motivo polo cal o fronte da vivenda deberá permanecer vaiado con ampla zona de seguridade e debidamente sinalizado para evitar o paso de peóns nas proximidades do inmoble.

Por todo isto, dende o Concello requiren a demolición do corpo dianteiro  do inmoble por parte dos propietarios. 

Dende o grupo municipal están levando a cabo as labores de notificación da resolución técnica a Patrimonio Cultural de Lugo da Xunta de Galicia pois a vivenda está incluída no ámbito de conxunto histórico.

ÚLTIMAS

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de...

“Perdida no labirinto” de Violeta Bernardo amplía o proxecto de Soterradas en Tor

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acompañado da xerente da Rede Museística...

Quiroga celebra este 25 de outubro o QuiMedo con 8 casas do terror

A cita do terror pechou o prazo de inscricións unha vez se acadaron os 1.200...