InicioTerra de LemosMonforteJulia Rodríguez: "con Tomé como alcalde notamos falta de ambición como cidade"

Julia Rodríguez: “con Tomé como alcalde notamos falta de ambición como cidade”

Entrevista á portavoz do PP de Monforte, principal grupo da oposición ó goberno actual

Publicado o

- Advertisement -

Julia Rodríguez é a portavoz do grupo do PP de Monforte. Avogada de profesión, dende hai uns anos presentouse como a principal oposición ó alcalde do momento. Pelexante polo voto, non deixa pasar a oportunidade de debaterlle a Tomé todo aquilo referente á súa xestión.

Na celebración dos plenos, ata que punto é política local e ata que punto é loita de partido?

Nós procuramos sempre que podemos instar á Xunta. A nós danos igual a quen teñamos que apoiar se é polo ben de Monforte. Desde o Parlamento procuro acadar cousas para a cidade e é a nosa dinámica. Nós somos conselleiros de Monforte. Por exemplo, no último pleno celebrado saía o tema da avespa velutina e que había que instar á Xunta para tomar medidas sobre o tema e estivemos totalmente dacordo en facelo. Dende o meu partido entendemos que todo é mellorable e polo tanto, como desexamos o ben dos veciños, sempre imos apoiar as decisións que consideremos. Non antepoñemos a posición do partido á do concello o que pasa é que,como nos anos da crise que se estiveron tomando medidas drásticas dende Madrid, defendemos as medidas a tomar por Rajoy porque é o modelo de xestión no que se rexen as bases do partido.

Consideras que a moción de censura a Rajoy ou os temas de corrupción política que se descubriron recentemente poidan prexudicarvos a nivel municipal?

Hai que ter en conta que as siglas teñen un valor. Hai xente que non só valora o noso traballo senón que tamén o que sucede no partido noutros ámbitos. Nós incorremos nunhas siglas e polo tanto a xente non está allea ós escándalos. quero entender que non nos afectan a nós na medida en que non estamos implicados en casos destes. É máis, somos moi coidadosos á hora de votar no pleno porque hai temas que se poden xestionar de xeito irregular.

Que dúbida cabe que estes asuntos afectan ás siglas do partido e á intención de voto. E a proba está en que serviron de coxín para unha moción de censura. Tamén é certo que noutros partidos pasa o mesmo pero que non se fai tan público porque non están gobernando.

Soraya Sáenz de Santamaría ou Pablo Casado?

Eu creo que ambos son necesarios e compatibles. O PP non estaba no seu mellor momento e había moito desgaste. Esta decisión dun novo presidente vainos favorecer. Deixamos atrás moitas cousas que nos lastraron. Con Pablo Casado chegamos a un sector de poboación que antes non. A xuventude. Creo que con Casado como presidente imos gañar moito, é un home coas ideas claras que se está rodeando de xente moi válida.

As obras da circunvalación en pleno mes de agosto cando máis xente hai na cidade. Moita xente quéixase disto, non hai máis meses para facelas?

Entendo as queixas veciñais pero eu en cuestións técnicas non me meto. Dende a Xunta dixeron que era o momento de facelas polas condicións climatolóxicas e punto. Igualmente, quedou acceso en ambos sentidos na vía, non vexo que sexan un gran impedimento para a circulación.

Pero si é certo que cando un partido fai unha obra o outro critícaa. Por que tanta oposición ás iniciativas como pode ser o asfaltado das rúas que está facendo Tomé en Monforte?

Eu non critico que se arranxen as rúas en Monforte. Eu critico que hai máis cousas que facer na cidade a parte de botar asfalto. Cando se levantou por parte da empresa R a Rúa Hortas en pleno verán nós fomos moi críticos porque supuxeron un enorme prexuízo para os veciños. Nos criticamos que ten que haber unha ordenanza municipal onde se regulen obras deste tipo. Non pode ser que unha empresa levante unha rúa cando lle veña ben sen ter máis factores en conta. Se unha empresa quere facer algo, ten que rexerse baixo unha normativa municipal porque non se poden estar abrindo as rúas cada pouco. E se hai unha rúa aberta, aproveitar a facer todas as actuacións que sexan necesarias nesa rúa. Como pasou no caso da Rúa Conde. Logo de ser renovado o asfalto, ós 2 meses, houbo que levantar todo pola rotura dunha canle. Aqualia tiña que ter renovado as canles cando se estaba arranxando o chan, non cando rompa algo. E tristemente o equipo de goberno votou en contra de todo o que nos propuxemos neste aspecto.

E por outra banda temos que ter en conta que o noso alcalde non escoita ós veciños. Recentemente na Rúa Zapardiel fixéronse modificacións e os veciños querían ensanchar a vía. Nós fomos falar con eles e para cando chegou Tomé nada valía. É máis, ó día seguinte da nova visita á rúa apareceu asfaltada sen dar tempo a nada. Tomé non escoita. Fai o que el quere sen ter en conta a opinión dos demais. Por parte do alcalde notamos falta de ambición pola cidade, non hai flexibilidade nin opción a escoitar á poboación. Fai o que el considera e punto. Tomé neste aspecto non nos está entendendo.

Que opinas sobre a xestión municipal que se está levando a cabo no Camiño de Inverno?

Tomé nunca entendeu o proxecto da Asociación do Camiño de Inverno. Nós soamente aportamos ideas que creemos que eran de mellora para o seu proxecto. A idea que plantexaba Aída era magnífica pero en Monforte hai moita xente que non sabe por onde vai o Camiño de Inverno e pensamos que tiñamos que visibilizar este proxecto que podía ser moi importante para nós en términos económicos.

Apropiouse da idea de Aída e o único que fixo foi destrozala. O local do Hotel Comercio dividiuno coma se fose unha vivenda cando realmente non debería de ser así. Para o Camiño de Inverno deixou un pequeno oco para poñer uns paneles que lle está facendo a Deputación de Lugo. Nada que ver co que se plantexou nun principio. En lugar de facer cousas, entorpece e bloquea.

Pero a política é confrontación, Tomé vai rexeitar as vosas propostas e viceversa.

Todo o que se faga polo ben do pobo nos encantados pero todo é mellorable. As festas de agosto dende que está el melloraron, por exemplo, pero si que critico os cableados instalados na zona de barracas e a súa falta de seguridade a espensas de calquera día suceda unha desgraza.

É como o tema das casas que se están a derrubar en Monforte. Nós pedímoslle que fixese un inventario das casas que estaban en risco de derrubamento tanto íntegro ou parcial. E non está feito. Non pedimos que o Concello pague todo os derrubes, iso teno que facer os propietarios, pero si instar ás familias a que tomen medidas para que non haxa perigos para os veciños. Soamente queríamos que se tomasen medidas de seguridade municipal.

 

 

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...