HomeTerra de LemosMonforteMonforte, en nivel máximo de alerta tras o gran incremento de casos...

Monforte, en nivel máximo de alerta tras o gran incremento de casos dos últimos días

O Saviñao, Pantón, Sober están en nivel alto e Chantada no nivel medio.

Publicado o

- Advertisement -

O Comité Clínico dependente da Xunta decidiu declarar o nivel máximo de alerta sanitaria nos concellos de Monforte e Ordes tras o gran incremento de casos que tiveron lugar nestes municipios nos últimos días. Deste xeito, Galicia volverá contar con municipios neste ámbito, tras quedar o fin de semana pasado sen localidades nesta situación.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou destes cambios, o cal atribuíu á ponte de tres días, coa celebración de festas patronais, comidas privadas e algúns “na hostalaría”.

Por outra banda quedan en nivel alto na área sanitaria da Coruña os concellos de Fisterra, Laxe, Muxía, Betanzos, Cee, Sada, Camariñas, Vimianzo, Carral, Cerceda. Na área sanitaria de Ferrol os municipios de Pontedeume, Ares, Cariño. Na área sanitaria de Santiago, os de Melide e Trazo.
Tamén na área sanitaria de Lugo quedan en nivel alto os concellos de Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón, Sober. Na de Ourense os do Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, A Rúa. Na área de Pontevedra os municipios de Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade e na de Vigo os de Nigrán, O Rosal, e A Cañiza.

O Comité Clínico tamén deixa en nivel medio aos concellos da Coruña, Zas, Coiros, Corcubión, Carballo, Ponteceso,  Oza-Cesuras, Cambre, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, Miño, na área sanitaria da Coruña. Os de Fene, Narón,  Cabanas, Mugardos, Ferrol na área de Ferrol e os de Santiago, Rianxo,  Boiro, Silleda,  Santa Comba, Oroso, Porto do Son, na de Santiago.

Tamén quedan neste nivel os concellos de Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Begonte na área de Lugo; Allariz, Xinzo de Limia,  A Veiga, Ourense, O Carballiño, Verín na área sanitaria de Ourense; A Lama,  Marín,  Catoira, Caldas de Reis,  Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Soutomaior, Bueu na área de Pontevedra e os de Vigo, Gondomar, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén.  O Porriño,  Ponteareas, Redondela, Arbo, As Neves, Tui, Tomiño na área sanitaria de Vigo.

ÚLTIMAS

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...

Detidos dous homes como supostos autores de ‘ciberestafas’ denunciadas en Lugo e Monforte

Segundo informaron fontes policiais, unha das estafas foi denunciada en Lugo, e a vítima...