HomesociedadeRescatan a un cazador ferido polo ataque dun xabaril en Pantón

Rescatan a un cazador ferido polo ataque dun xabaril en Pantón

Un cazador foi rescatado este sábado tras resultar ferido nunha perna polo ataque dun xabaril en Pantón, nunha zona de difícil acceso na parroquia de Vilar de Ortelle, nas proximidades do castro de Marce.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo informa o 112, unha embarcación recreativa desprazouse por un río que pasa pola zona onde tivo lugar o suceso e evacuou ao ferido ata un embarcadoiro próximo, onde foi atendido polos servizos sanitarios.

Tamén se desprazaron ao lugar dos feitos os Bombeiros de Monforte e os axentes da Garda Civil, tras ser alertados polo 112 Galicia, que tivo coñecemento da situación do cazador uns minutos antes das 12,30 horas.

Ademais, desde o 112 informouse o Servizo de Gardacostas de Galicia, por se fóra precisa a mobilización dun helicóptero de rescate. Finalmente, a súa intervención non foi necesaria.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...