HomeTerra de LemosMedio Rural "axilizará" a mobilidade de terras no Val de Lemos para...

Medio Rural “axilizará” a mobilidade de terras no Val de Lemos para optimizar as explotacións

Deste xeito, o obxectivo é profundar na investigación da propiedade e na definición dos diferentes usos do territorio, mediante un catálogo de usos específico, para incentivar así o seu aproveitamento "rendible e sustentable"

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural anunciou que “axilizará” a mobilidade de terras no Val de Lemos para “optimizar” as súas producións agrogandeiras e forestais. Así o explicou este martes a titular do departamento, María José Gómez, tras reunirse en Lugo con representantes municipais de Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón e Sober para avanzar na colaboración institucional.

Deste xeito, o obxectivo é profundar na investigación da propiedade e na definición dos diferentes usos do territorio, mediante un catálogo de usos específico, para incentivar así o seu aproveitamento “rendible e sustentable”.

Nunha nota de prensa, a Consellería asegurou que, durante a reunión, reiterou o apoio da Xunta á modernización do regadío do Val de Lemos, reflectido, “entre outras medidas, co compromiso de destinar un total de 600.000 euros a esta finalidade”.

Así mesmo, a conselleira insistiu en defender a inclusión deste proxecto nos próximos plans de mellora da “eficiencia e sustentabilidade” en regadíos.

ÚLTIMAS

Comeza o pase de primavera do ‘Vendaval’, mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra

O Vendaval desta edición de primavera 2026, estenderá o seu programa dende o 23 ao...

Castro Caldelas acolle a VIII Spain Backyard Ultra

Esta fin de semana, o tempo deterase en Castro de Caldelas para enxalzar o...

Graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

A exalumna de Humanidades Sandra Piñeiro Pedreira, premio extraordinario de Licenciatura en Historia e...

Este 22 de maio preséntase na casa da cultura de Quiroga o libro “A aira dos ventos”

“A Aira dos Ventos” vén sendo unha peza teatral de 70 pp. Editada por...