HomePolíticaO Concello de Monforte está reparando os valados de protección en diferentes...

O Concello de Monforte está reparando os valados de protección en diferentes paseos da cidade e mais nun parque infantil

As obras de renovación e substitución vanse acometer ao longo dos vindeiros días

Publicado o

- Advertisement -

As actuación levadas a cabo consisten na reposición do valado que se destruíu hai uns días por actos vandálicos como xa informamos no XdL.
En declaracións do Alcalde, “o que se está facendo é instalar un novo valado de madeira tratada ó longo do Paseo do Malecón, nunha lonxitude de 160 metros. Co obxectivo de darlle máis consistencia á estrutura, tamén instalamos unhas bases metálicas nos postes que van ancorados ó chan”.
Outros puntos dos paseos da cidade onde se vai a actuar é no Paseo Fluvial, dende o Parque dos Condes ata Piñeira, onde se vai reparar unha valla de protección de 10 metros ademais de instalar uns barrotes transversais na zona da Pinguela. No Parque dos Condes o valo da lagoa non está roto pero si moi deteriorada polo que se vai substituír ao longo de 30 metros.
Para finalizar, vaise renovar o valado de madeira por un de metal do parque infantil da Rúa Chantada que fai esquina ca Rúa Lemavos.
Estas obras supoñen un investimento de 7.301 euros e teñen como obxectivo reparar danos, dar maior seguridade aos peóns e conseguir unha mellor imaxe da contorna.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...