HomesociedadeBóveda programa habilitar unha área de lecer na contorna do río Mao

Bóveda programa habilitar unha área de lecer na contorna do río Mao

A Xunta de Galicia e o Concello de Bóveda van estudar vías de colaboración para o acondicionamento e posta en valor da contorna do río Mao

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde da localidade, José Manuel Arias, avaliaron o proxecto municipal para habilitar unha área de lecer nesta contorna fluvial, que se localiza preto do núcleo urbano e nas proximidades do centro educativo, a casa da cultura e o pavillón polideportivo.

Segundo lle trasladou o rexedor á conselleira, o obxectivo desta iniciativa é ofrecer a veciñanza e visitantes un espazo natural de desfrute colectivo. Pola súa banda, Ángeles Vázquez explicou que o persoal técnico de Augas de Galicia analizará a memoria valorada que remitirá o concello para valorar posibles vías de actuación.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...