HomeTerra de LemossanidadeExposición e charlas sobre saúde mental en Monforte

Exposición e charlas sobre saúde mental en Monforte

A Asociación Albores Saúde Mental, dentro do seu labor de divulgación e sensibilización, está movendo unha exposición fotográfica por diferentes centros escolares e impartindo charlas sobre o tema.

Publicado o

- Advertisement -

II Exposición Itinerante Fotoxénica-Mente trasladouse esta semana do IES Río Cabe ao Colexio Ferroviario onde permanecerá de cara ao público ata fin de curso. A exposición recolle as mellores fotografías do II Certame Fotoxénica-Mente -celebrado no 2018- e as imaxes están acompañadas de notas informativas sobre diversos aspectos da saúde mental.

Panel coa exposición fotográfica Fotoxénica-Mente no Colexio Ferroviario / XdL

O programa de accións de sensibilización planificadas para este 2019, ademais das exposicións itinerantes polas escolas, contempla un ciclo de charlas divulgativas para o estudantado.  Estas accións conxuntas teñen como obxectivos detectar precozmente os problemas de saúde mental, ofrecer información sobre a mesma e crear redes de solidariedade cara as persoas con enfermidade mental.

Varias profesionais de Albores Saúde Mental impartiron o día 22 de maio unha charla no IES Río Cabe e hoxe, día 23, farano no Colexio Ferroviario de 12:00 a 13:40 h. a alumnas/os de 4º de ESO.

Albores Saúde Mental ten como finalidade promover a saúde integral das persoas con enfermidades mentais, así como mellorar a súa calidade de vida, a das súas familias e a da súa comunidade de pertenza.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...