HomesociedadeNova flota de vehículos e maquinaria para a limpeza viaria en Monforte

Nova flota de vehículos e maquinaria para a limpeza viaria en Monforte

A explanada da Compañía acolleu este mércores, 7 de abril, pola mañá a presentación da nova flota de vehículos e maquinaria destinados á limpeza viaria tanto da zona urbana como das parroquias de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A adquisición destes novos elementos de limpeza viaria son froito das negociacións do Alcalde, José Tomé Roca, coa empresa FCC Medio Ambiente, que supuxeron a renovación do contrato para a recollida e transporte de residuos urbanos e limpeza viaria do municipio. “Presentamos hoxe un total de 10 vehículos e 16 equipos e maquinaria de limpeza, a partida máis importante adquirida en Monforte para renovar o servizo de limpeza viaria do noso Concello, cun investimento de case 915.000 euros (914.611,38 €)” destacou José Tomé Roca, Alcalde da cidade.

A presentación serviu tamén para dar a coñecer a nova imaxe corporativa coa que se rotularon os novos vehículos e equipamentos adquiridos, imaxe deseñada polo Equipo de Goberno monfortino. O novo deseño corporativo inclúe a fotografía do conxunto de San Vicente e a Torre da Homenaxe, que está enmarcada polo lema “Monforte Limpo. Patrimonio de todos”.

Entre as melloras acadadas tralas negociacións que supuxeron a prórroga do contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, subscrito entre o Concello de Monforte e FCC Medio Ambiente, a empresa concesionaria xa levou a cabo, dende principios deste ano 2021, a renovación de 297 papeleiras da cidade, por 43.938 euros, e a instalación en todo o Concello de 3.880 novos cubos e colectores de lixo, cunha inversión total de case 299.000 euros (298.817,59 €). Coa inversión en vehículos e equipos presentada hoxe, supéranse os 1,2 millóns de euros (1.257.366,97 €) en melloras desenvoltas polo Concello no servizo de limpeza viaria e recollida de lixo na cidade.

Renovación da maquinaria empregada na limpeza viaria de Monforte

O contrato de prórroga subscrito entre o Concello de Monforte e a empresa FCC Medio Ambiente contempla a renovación da totalidade da maquinaria inicialmente adquirida para a prestación do servizo. 

Ademais da renovación desta maquinaria incorpóranse varios equipos coa finalidade de poñer en marcha novos servizos, que puideran complementar e mellorar os servizos xa existentes. Así, como melloras do servizo adquiríronse:

  • Unha Decapadora/fregadora CMAR R2500, con auga quente a presión e reabsorción da auga sucia, que será empregada para limpeza a fondo de pavimentos, eliminando a manchas e sucidade incrustada ó longo do tempo.
  • Un Tractor New Holland T6.145 equipado con brazo para rozar maleza, roza de cadeas suspendida, pala cargadora con cazo, coitela e atomizador. Este vehículo será destinado a rozar as marxes dos camiños de titularidade municipal, e demais traballos de mantemento de vías e espazos públicos.

O resto da maquinaria adquirida é de similares características á contemplada na inversión inicial, incorporando as últimas melloras referentes a emisións, ruídos, ergonomía, tecnoloxía e eficiencia en xeral dos equipos. Dos 10 vehículos adquiridos faltan dous por recepcionar que serán entregados nos vindeiros días.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...