Nova vítima con covid no Hospital de Monforte

Trátase dun home de 83 anos.

Atención hospitalaria | Fonte: ATS - Europa Press - Arquivo.

As autoridades galegas comunicaron este venres outros dous falecementos de persoas diagnosticadas con covid-19, o que eleva a 2.417 as vítimas mortais vinculadas á pandemia en Galicia.

Sanidade sitúa ambos os falecementos neste xoves 27. Así, faleceu un home de 83 anos no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos e unha muller de 94 no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Ambos tiñan patoloxías previas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here