Inaugurado en Monforte, con meses de adianto, o Centro de Ciberseguridade Ferroviaria

O CCD está ubicado na Rúa Muiños de Antero, nun local de case 600 m2, no que se desenrolarán operacións de seguridade, formación e reunión e está previsto que no futuro poida ser a base para a creación e desenrolo de un Clúster Empresarial de Ciberseguridade aplicado ao sector ferroviario europeo.

Centro de Ciberseguridade inauguración / Concello de Monforte

Este venres pola mañá o Director Xeral de LogiRAIL, Óscar Gómez, o Director Xeral de operacións de Renfe, José Luis Cachafeiro, e o representante institucional de Renfe, visitaron co alcalde de Monforte, José Tomé, e outros membros do equipo de goberno o novo centro especializado en ciberseguridade ferroviaria para a súa inauguración.

Alí coñceron aos primeiros traballadores incorporados xa aos seus postos de traballo, previo período de formación e capacitación que se estivo a desenrolar dende febreiro tamén na cidade de Monforte. O pasado día 2 de marzo recibíase aos 10 primeiros rapaces que estaban no período de formación para integrarse á plantilla do novo e único centro de competencias dixitais en Galicia. Estes traballadores foron elexidos de entre 108 currículums para detectar, analizar e correxir incidentes de ciberseguridade, utilizando as solucións tecnolóxicas mais avanzadas da industria.

A inversión da compañía neste proxecto é de preto de 1 millón de euros e a previsión de plantilla estímase entre 35 e 40 traballadores neste momento inicial do proxecto pero que a medida que vaia evolucionando incorporará mais plantilla coa previsión de chegar a 100 postos de traballo según se vaia implantado no mercado o novo servizo.

O rexedor agradeceu a Renfe e a LogiRAIL o esforzo feito para axilizar todo o proceso de desenvolvemento do proxecto, que permitiu que se puidera adiantar á sua posta en marcha de forma considerable, xa que nun principio estaba previsto que comezase a finais de ano. “Colócase á cidade do Cabe, no mapa de innovacións tecnolóxicas e constitúe unha oportunidade de creación de emprego de calidade que permitirá fixar poboación na cidade”, asegura Tomé.

Pola súa parte, o Director Xeral de LogiRAIL, Óscar Gómez, mostrouse moi satisfeito de dar comezo ás actividades do centro de Monforte , que tal e como explicou responde á estratexia do reto demográfico do Goberno de España a través do seu plan de deslocalización de recursos que Renfe materializou con unha estratexia de posta en marcha de varios centros de recente creación.

Pola súa banda, o Director Xeral de operacións de Renfe, José Luis Cachafeiro, dixo estar encantado de poder vir a Monforte, ao seu pobo, con esta nova noticia, “a ciberseguridade é un tema estratéxico para Renfe na actualidade, e polo tanto, este novo centro constitúe unha oportunidade moi importante de creación de emprego xa que a actualidade reclama que se teña que avanzar cada vez máis nos sistemas de seguridade da empresa, para evitar ataques indeseados.”

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here