8 millóns de euros para suprimir 2 pasos a nivel na contorna da estación de Monforte

As actuacións de Adif desenvolveranse na liña ferroviaria de ancho convencional León-A Coruña, na contorna da estación de Monforte de Lemos.

Vía do tren na contorna de Monforte / XdL

Segundo informou o administrador de infraestruturas ferroviarias de Adif, a solución para suprimir os pasos consiste en executar un único paso inferior nun punto intermedio entre ambos, entre as rúas Rioseco e Juan Montes.

Para iso, a estrutura –un caixón de formigón armado– será empuxada baixo as vías, minimizando a afección á explotación ferroviaria. Ao ser un punto baixo cota de rúa, o paso disporá dun pozo ou arqueta de bombeo con dúas bombas para a evacuación de augas. Ademais, instalaranse elementos de sinalización vertical e horizontal e sistemas de contención nos bordos.

O proxecto inclúe a construción de dous novos viarios: uno Este-Oeste, entre as rúas Juan Montes e Rioseco, e outro Norte-Sur, que unirá ditas rúas. O paso inferior contará cun viario de calzadas laterais en superficie para dar continuidade aos laterais de Pai Feijóo, paralela ao ferrocarril.

A conexión do novo eixo Este-Oeste coa rúa Morín bifurcarase para conectar tamén coa rúa Juan Montes, co fin de desconxestionar a intersección destas dúas rúas coa rúa Ramón Cabanillas e para que os movementos procedentes de cálea Ferrocarril non precisen acceder a Morín para cruzar o paso inferior.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here