HomePolítica"Seguen os cortes no abastecemento de auga nas parroquias", denuncia o PP...

“Seguen os cortes no abastecemento de auga nas parroquias”, denuncia o PP de Monforte

Katy Varela tamén denuncia que no mes de maio dende o Grupo Municipal Popular pediuse acceso aos datos sobre o volume de auga potabilizada e a facturada polo Concello durante todo o ano 2023 “unha información que a día de hoxe seguen negándonos”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP de Monforte asegura que os problemas coa rede de abastecemento de auga potable en Monforte seguen a ser, “tristemente”, noticia e, nesta ocasión sendo as parroquias do rural as afectadas por un novo corte no subministro na madrugada do mércores 24 ao xoves 25 e que o venres aínda se mantiñan.

A voceira popular, Katy Varela, afirma que “xa non atopamos cualificativos para esta situación” porque “José Tomé é coñecedor dos problemas que hai en Monforte co abastecemento e o seu balance é que non fixo nada por solucionalos”.

“Todos os veráns temos o mesmo problema” denunciou Varela, que sinala que nestes meses a presión de auga diminúa “sendo as parroquias do rural as principais afectadas”.

Unha situación que se produce en plena vaga de calor (na comarca están a alcanzarse os 38º) o que “acentúa aínda máis os problemas xa que a auga é un ben de primeira necesidade”.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...