HomesociedadeO Conservatorio Municipal de Música monfortino saca a música á rúa

O Conservatorio Municipal de Música monfortino saca a música á rúa

O evento, baixo o título de "Conservatorio na rúa", ofreceu varias actuacións en distintos puntos da rúa Cardeal este venres pola tarde. Xuntou a numeroso público e rematou cunha actuación da orquestra. Por outra banda, o domingo 14 de xuño, a Escola Municipal de Danza ofrece o Festival Fin de Curso no Edificio Multiusos ás 18:30 h.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Esta tarde a Rúa Cardeal de Monforte acolleu unha nova edición do “Conservatorio na rúa”, un evento organizado polo Concello de Monforte a través do Conservatorio Municipal de Música ‘Mestre Ibáñez’. A actividade, que se desenvolveu entre as 19.00 e as 21.00 horas, contou coa presenza de numeroso público e ofreceu actuacións por especialidades en diferentes puntos do tramo peonil desta céntrica rúa. Como curiosidade sinalar que incluso se mobilizou un piano, que foi trasladado ex proceso para as actuacións, e o remate ao evento correu a cargo da orquestra.

O rexedor monfortino, José Tomé, estivo presente e acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e a Concelleira de Muller, Igualdade e Consumo, Regina López.

O “Conservatorio na rúa” ofrece un programa de actuacións ao aire libre a cargo do alumnado e profesorado do Conservatorio Municipal, que precisamente este ano celebra o seu 25 aniversario.

“Con esta mostra musical pretendemos dar a coñecer a actividade que se realiza no Conservatorio dun xeito distinto ao habitual, máis aberto e público, procurando a formación integral do alumnado e intentando crear ao mesmo tempo un ambiente musical nestas céntricas rúas”, comentou o Alcalde.

FESTIVAL FIN DE CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL DE DANZA

A Escola de Municipal de Danza de Monforte celebra este domingo o Festival Fin de Curso. Será no auditorio do Edificio Multiusos ás 18.30 horas e o protagonismo correrá a cargo das alumnas. Éstas ofrecerán unha demostración do traballo realizado durante o curso nas especialidades de ballet clásico e danza contemporánea.

O recital está dirixido a todo o público en xeral e a entrada é gratuíta. Participarán como invitados alumnos e alumnas da Escola de Danza Centro Coppelia de Ourense e interpretaránse distintas disciplinas e coreografías de ballet clásico, danza contemporánea, flamenco, oriental, bailes urbanos, Brodway e latinos.

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...