HomeTerra de LemosO SaviñaoDetido un veciño do Saviñao como presunto autor dunha agresión cunha machada

Detido un veciño do Saviñao como presunto autor dunha agresión cunha machada

A Benemérita tamén detén ao presunto autor dun delito de ameazas graves e investiga aos presuntos autores dun delito contra o medio ambiente.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de 72 anos do Saviñao como presunto autor dun delito de lesións no que se empregou unha machada. Ademais, no marco da investigación os axentes interviñeron seis armas de fogo.

Os feitos producíanse durante a tarde do pasado luns, cando, por un suposto problema de lindes entre unhas leiras, o detido ameazaría e agredía cunha machada á súa vítima, o que lle causou unha ferida na rexión frontal esquerda e que necesitou de varios puntos de sutura. O detido pasaba a disposición xudicial o mesmo luns.

INVESTIGADOS POR PRESUNTO DELITO AMBIENTAL

A Garda Civil de Lugo tamén informou, a través dun comunicado de prensa, que imputa en calidade de investigados a catro persoas como presuntos autores dun delito contra o medio ambiente e os recursos naturais.

Os investigados estarían supostamente implicados nunha vertedura de xurro procedente dunha explotación gandeira provocado na primeira quincena do pasado outubro, na rega de Sirgal-Monterroso (Lugo). Os investigados xa pasaron a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...