IniciosociedadeActividades do 8M no Concello do Saviñao

Actividades do 8M no Concello do Saviñao

Destacan os actos simbólicos, un concurso de debuxo e o 25 de marzo está programada unha andaina de 8 quilómetros dende Escairón ata a Praia da Cova.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ata o 6 de marzo estivo na Casa do Concello do Saviñao a exposición ‘Inmarcesibles’ –Que non se poden marchitar–, proxecto que naceu dunha iniciativa dos servizos sociais do Concello de Sober e que pretende loitar contra o canon de beleza feminino.

Dúas fotos da exposición ‘Inmarcesibles’ no Concello do Saviñao / XdL

Este martes 7 de marzo desenvolveuse unha actividade consistente na elaboración dun gran lazo violeta construído con globos que fixeron os nenos e nenas do colexio. En cada globo puxeron o nome dunha muller que teñen eles como referente. O resultado final lucirá na fachada da Casa do Concello.

Para o día 8, data central da celebración do ‘Día Internacional da Muller’, está previsto facer unha concentración e lectura dun manifesto conxunto de toda a corporación no que tamén participará o alumnado do colexio. Será na entrada da Casa do Concello.

Segundo indicou o alcalde, Carlos Armesto, tamén está en marcha o concurso de debuxo do Día da Muller 2023 do 8 ao 24, baixo o título “Mulleres e o mundo dixital” (están as bases de participación nas redes sociais e na web do concello), e do 8 ao 31 de marzo permanecerá iluminada de cor violeta a fachada da Casa do Concello.

Como actividade novidosa hai tamén programada unha andaina de 8 quilómetros dende Escairón ata a Praia da Cova. Poñerase un microbús para quen non poda facela e para quen queira volver despois dende alí. Haberá camisolas para as e os participantes e pinchos á chegada. Esta actividade require de anotación previa e farase o sábado 25 con saída da Casa do Concello ás 11:00 h.

ÚLTIMAS

O alcalde de Monforte recibe ó novo inspector xefe da Policía Nacional

O encontro foi unha primeira toma de contacto e serviu para facer un repaso...

Raquel Arias destaca as inversións da Xunta no patrimonio histórico da Ribeira Sacra

A deputada popular, Raquel Arias, indica que, nos últimos anos, a Xunta destinou 5,2...

O comercio de Sarria entrega os vales de San Valentín

Os establecementos asociados sortearon, para esta campaña, catro ceas para dúas persoas polas compras...

O Colado do Vento, de Sober, organiza un obradoiro para concienciar sobre a nosa etnografía

O proxecto de 'Galicia latente' ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e...