HomesociedadeAtractivos premios para o Concurso Fotográfico de Nadal que organiza Segredos de...

Atractivos premios para o Concurso Fotográfico de Nadal que organiza Segredos de Pantón

O certame chega á súa cuarta edición cunha chea de agasallos que seguramente incentivarán a participación. Informamos das bases e dos premios.

Publicado o

- Advertisement -

O colectivo Segredos de Pantón vén de anunciar nas súas redes sociais que xa se pode participar no IV Concurso Fotográfico de Nadal, tendo como prazo para poder enviar as creacións fotográficas ata o 31 de decembro. Desta data ao 6 de xaneiro de 2022 poderanse realizar as votacións.

A temática será libre, reflectindo nas fotos paisaxes outonais e invernais do Concello de Pantón. Non se aceptan imaxes pintadas ou manipuladas, nin montaxes nin collages. Os menores que queiran participar deberán facelo con autorización dos seus titores legais.

AS BASES AO DETALLE

1. TEMÁTICA

As fotografías deben de reflectir paisaxes outonais e invernais de Pantón de calquera tipo pero sempre que sexan feitas no Concello de Pantón.

2. PARTICIPANTES

Calquera persoa amante de Pantón e da fotografía. Os menores deberán de ter unha autorización correspondente dos seus titores legais.

3. OBRAS

Cada participante poderá enviar só unha imaxe en cor, que deberá ser autoría súa e que non fora premiada con anterioridade. Xa que de non ser así quedaría automaticamente descualificada ao sabelo e poderá retirárselle o premio de conseguilo.

A temática será libre. Non se aceptarán fotografías pintadas ou manipuladas, montaxes, nin collages.

4. PRESENTACIÓN

Hai que enviar as fotos por algún dos seguintes medios:

Facebook: Segredos de Pantón

Twitter: @OsSegredosdoVal

Instagram: @segredos_de_panton

Correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com

Teléfono (WhatsApp): 662 669 223

Co envío da fotografía cómpre indicar o título e o lugar e/ou o nome da parroquia onde foron sacadas.

5. PRAZO

O prazo de envío das imaxes dará comezo o día 30 de novembro de 2021 e rematará o 31 de decembro ás 12 h. Logo, o día 6 de xaneiro ás 17:00 horas rematará o prazo de votación.

6. XURADO

O xurado será a propia xente que vote no Doodle para que todo o mundo con redes sociais ou sen elas poidan votar.

Así igualmente tódalas imaxes serán subidas ao álbum “IV Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón”. As 3 instantáneas con máis votos serán as agraciadas. De ter un empate serán os membros do colectivo Segredos de Pantón que desempatarán.

PREMIOS

1º Premio: Cesta con: 1 Noite para 2 persoas en “Fogar do Pumar”, Lote de produtos de “Cachenas de Pantón”, 1 pack de “Finca Míllara”, 2 botes de mel do “Noso Mel”, unha mochila de pic-nic de “Arribeirados”, comida para 2 persoas de “Rectoral de Castillón”, 1 Paraugas e unhas luvas de “Rosal Moda” e unha masaxe de “Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal”.

2º Premio: Cesta con: 1 pack “Finca Míllara”, un xabón de “Sacra Cosmetics”, unha flor de “Piensos Senra”, 1 paseo en zodiac para 2 pers. de “Turismo Pantón”, 1 botella Barrica de “Casa Moreiras”, 1 botella “AlmaNova” de “Alma das Donas”, unha carteira e un polar de “Asesoría O Castro” e unha masaxe de “Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal”.

3º Premio: Cesta con: 1 Visita guiada por Pantón de “Galsentur”, unha mochila de algodón de “Teresa Lamela”, 1 pack “Finca Míllara”, 1 lote de produtos de “Casa da Fonte”, un pixama e unha bufanda de “Rosal Moda”, 1 estoxo con dúas botellas de “Adega Sernande”, 1 retrato en dixital e en papel de “Estudio Gnomo” e unha masaxe de “Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal”.

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...