HomesociedadeEvacuada unha muller que sentiu indisposta cando camiñaba por un viñedo en...

Evacuada unha muller que sentiu indisposta cando camiñaba por un viñedo en Pantón

Foi trasladada ao Hospital de Monforte de Lemos

Publicado o

- Advertisement -

Os Bombeiros de Monforte tiveron que evacuar a unha muller que sentiu indisposta cando camiñaba por un viñedo situado no lugar de Noveledo, na parroquia de Ribeiras de Miño, no municipio lucense de Pantón.

Segundo trasladou o 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 15,15 horas cando a muller camiñaba pola zona e sentiuse mareada. Nese momento, un familiar púxose en contacto coa central de emerxencias para informar da situación e, debido ao difícil acceso ao lugar onde se atopaba, foi necesario que os bombeiros se encargasen da súa evacuación.

Así, a muller foi trasladada durante aproximadamente un quilómetro polos bombeiros ata chegar á ambulancia desprazada ata o punto polo Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Finalmente, foi trasladada neste vehículo medicalizado ata o Hospital de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

O Programa Integrado de Emprego de Chantada chega a un cento de persoas desempregadas

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

O Fiadeiro, territorios que conectan, vincula iniciativas do Courel e da Ribeira Sacra

Máis espazos de coordinación, colaboracións concretas que empecen por proxectos pequenos e acceso en...

Novo encontro en Chantada do programa “Fibranzas” para a formación en cestería

A Fundación Artesanía de Galicia continúa co desenvolvemento do seu programa de perfeccionamento Fibranzas....

O PSdeG chama en Monforte á máxima mobilización para gañar o segundo deputado na provincia, “xogámonos o escano co PP”

A unha semana das eleccións xerais, os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao...