HomeTerra de LemosPantónPantón presenta a súa axenda de actividades tras o acendido de Nadal

Pantón presenta a súa axenda de actividades tras o acendido de Nadal

A programación está pensada especialmente para a cativada con concursos, a visita de Papá Noel e os Reis Magos. Este domingo, 17 de decembro, haberá un concerto do Grupo Folk de Ribas de Sil na Casa da Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pantón deu por iniciado o seu Nadal co alumeado de Nadal na capitalidade municipal, mentres asociacións e colectivos veciñais como “San Mamede de Mañente”, “Segredos de Pantón” ou “Tuiriz con U” levan tempo traballando na decoración das súas parroquias para estas festas.

Decoración en Mañente. Foto: Concello de Pantón.
Decoración en Sta María de Tuiriz. Foto: SdP.

A primeira cita da programación de Nadal de Pantón é este domingo 17 de decembro cun concerto do Grupo Folk de Ribas de Sil, a partir das 18:00h no salón de actos da Casa da Cultura de Pantón. A entrada é libre e gratuíta.

CONCURSOS

Por unha banda está o Concurso de Beléns para o que hai prazo aberto de inscrición ata o día 23 deste mes.  O concurso está aberto á participación de asociacións, familias e persoas a nivel individual do municipio.

Para inscribirse cómpre facelo na casa da cultura en horario de 10.00 a 20.00 ou chamar por teléfono ao 982 45 63 77.

No mesmo lugar e horario pódense inscribir ata o 23 de decembro as nenas e nenos interesadas/os en presentar os seus traballos para o outro certame, o Concurso de Postais de Nadal. As postais deben de incorporar nome, apelidos e idade da/do participante na parte posterior.

PAPÁ NOEL E REIS MAGOS

Non faltarán ao Nadal de Pantón, Papá Noel e os Reis Magos. No acceso á Casa da Cultura, os/as nenos/as contarán coa Caixa do Correo na que deixar os seus desexos para este Nadal.

O día 5 de xaneiro de 2024 celebrarase o Festival de Reis a partir das 18.00 na Casa da Cultura. Alí, ademais doutras actividades lúdicas, entregaranse os premios dos diferentes concursos e as súas maxestades recibirán ás nenas e nenos que se acheguen a pedirlles os seus agasallos.

OBRADOIRO DE GALLETAS E DOCES DE NADAL

Os xoves pola tarde, desde medidos de outubro ata maio do 2024, unha quincena de pequenos/as participan do obradoiro Pequechef Pantón. En horario de 16:00 a 17:30 h. preparan deliciosos pratos, e esta semana elaboraron galletas e doces para o Nadal.

ÚLTIMAS

“Aquietar a mente”, novo Faladoiro en Quiroga este 30 de abril

María Teresa Taboada, “Tere para @s amig@s”, é de familia quiroguesa por parte de...

A Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón preséntase como unha experiencia

As actividades da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón déronse a coñecer...

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

Despois dunha “longa noite de pedra” Galicia recupera a electricidade no 85% do territorio

A Xunta decretou na noite do luns a Emerxencia 3 o que implica que...