HomeTerra de LemosPantónCita cos viños da Ribeira Sacra de Pantón

Cita cos viños da Ribeira Sacra de Pantón

Esta fin de semana celébrase a XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón. Este sábado pola tarde terá lugar a VII Festa da Empanada e o domingo estará como pregoeira Alexandra Seara, Xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actividades da XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón comezou oficialmente o xoves 9 de maio coa ‘Cata de viños das tres ribeiras de Pantón. Tivo lugar na Adega Pazo de Ferreiroá, estivo moi concorrida e foi comentada por Alfonso Losada Quiroga, Máster en Enoloxía.

Cata de viños das tres ribeiras de Pantón. Foto: Concello de Pantón.

De cara xa á fin de semana, dous días de ambiente festivo nos que as 10 adegas participantes darán a coñecer os seus mellores viños, entregaranse os premios do IX Concurso de Fotográfico Red Ribeira Sacra-Viticultura Heroica, celebrarase a VII Festa da Empanada no recinto do Castro e haberá unha ampla oferta musical. Actuarán 4 charangas –Bandinhos Band Charanga, Km0, ChisPum e Leña Verde–, Batukada de Xograres de Lemos e as orquestras Gran Parada e Sáudade.

Batucada Xograres de Lemos / Concello de Pantón

No apartado de autoridades, o sábado 11 estará na inauguración –ás 13:00 h.– D. Antón Acevedo Prado, Director Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria; e o domingo 12 –ás 13:00 h.–, como encargada do pregón, Alexandra Seara Sobrino, Xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

O sábado 11, tras a inauguración, terá lugar tamén o ‘Brinde do Viño’ para celebrar o Día do Movemento Viño D.O.

No recinto feiral, ademais das adegas, haberá diferentes postos de produtores e emprendedores locais, así como tamén atraccións para os máis cativos/as.

ÚLTIMAS

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...

CSIF alerta da falta de persoal na presa Vilasouto e no regadío Val de Lemos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) instou ao Ministerio para a Transición...

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo...