HomeTerra de LemosPantónFillas de Cassandra e Ana Tijoux, cabeza do Festival Trece Roeis de...

Fillas de Cassandra e Ana Tijoux, cabeza do Festival Trece Roeis de Pantón

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou na rolda de prensa de presentación celebrada no Pazo de San Marcos. A institución provincial colabora con esta cita musical a través dunha achega de 6.000 euros

Publicado o

- Advertisement -

Fillas de Cassandra e Ana Tijoux, entre outros artistas, estarán este próximo fin de semana en Pantón no Festival Trece Roeis, que este luns presentou os seus horarios.

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou na rolda de prensa de presentación celebrada no Pazo de San Marcos. A institución provincial colabora con esta cita musical a través dunha achega de 6.000 euros.

Rivera destacou a capacidade que ten o festival de “diversificar e deslocalizar” as diferentes actuacións polas rúas de Pantón, “o que favorece a integración da propia vida municipal no evento”.

“Unha cuestión que contribúe tamén de forma importante a dinamizar a economía local. Esta cita é o cóctel perfecto entre tradición, cartel de luxo, gastronomía e viños da Ribeira Sacra”, apuntou o deputado.

O deputado enmarcou a colaboración provincial no modelo de turismo que defende a Deputación: “de calidade, proximidade, sustentable e con capacidade de atraer visitantes todo o ano”; así como no compromiso da institución provincial de colaboración cos 67 concellos da provincia e o seu tecido asociativo para “dinamizar a vida social e económica do territorio, sobre todo no rural”.

Informan tamén de que este luns se puxeron á venda, a través da páxina web, as entradas para a reserva da cata de viños Rectoral de Amandi que incluirá o venres, ás 11.30 horas, un taller da man de Maira Rato, técnica en elaboración de viños da asociación galega de enólogos. O prezo da entrada é de 10 euros.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...