HomePolíticaO PP demanda a chegada do AVE e a recuperación de servizos...

O PP demanda a chegada do AVE e a recuperación de servizos ferroviarios “na provincia máis illada de España”

Antonio Ameijide recorda que “Lugo é a única provincia e a única capital de provincia que queda sen acceso á Alta Velocidade ferroviaria entre as provincias do noso redor” porque o actual trazado da liña entre Lugo e Ourense non permite alcanzar nin alta velocidade nin velocidade alta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular, xunto a alcaldes e voceiros da zona sur da provincia e a deputada no Parlamento, Raquel Arias, presentaron este venres na estación de Santo Estevo, en Ferreira de Pantón, a moción que defenderán no pleno do próximo martes para reclamar ao Goberno de España servizos ferroviarios de calidade para a provincia de Lugo.

A moción pedirá a unanimidade do pleno para que o Goberno do Estado “cumpra dunha vez con Lugo” algo para o que é necesario, entre outras cuestións, o restablecemento e o reforzo dos servizos que posibilitan a mobilidade dos galegos, tanto no interior coma co resto de España, en particular, recuperando as frecuencias suprimidas pola pandemia e adoptando as medidas necesarias para que a oferta dispoñible en conexións e horarios responda ás necesidades reais de cidadanía.

Denuncian os populares os retrasos acumulados nas obras de electrificación da vía que se están a realizar na vía entre Monforte e Ourense e demandan investimentos que “garantan que a provincia e a cidade de Lugo accedan en igualdade co resto do territorio á Alta Velocidade e á intermodalidade”, algo para o que é imprescindible a execución das variantes ferroviarias dos Peares-Canaval e Rubián.

En canto á seguridade aseguran que, “é mester a supresión de todos os pasos a nivel comprometidos, desbloqueando as obras paralizadas nalgúns deles, e a construción de accesos alternativos que favorezan a comunicación entre as marxes das vías de forma segura, a modernización do material rodante e a gratuidade do servizo, como sucede en Asturias e Cantabria”.

Piden desde o PP que se cumpran os compromisos adquiridos, “As actuais obras de modernización e electrificación (que arrastran atrasos e manteñen pechada a liña entre Ourense e Monforte dende novembro do 2022) non supoñen melloras no trazado, sen esquecer que o Goberno de Pedro Sánchez, co apoio necesario do BNG, gardou nun caixón os proxectos para construír as variantes que deixou preparadas e presupostadas o anterior Goberno do Partido Popular nos Peares-Canaval e Rubián e que si permitirían reducir o tempo da viaxe entre Lugo e Ourense”.

ÚLTIMAS

Declaración institucional do Concello de Monforte co gallo do ‘Día Internacional da Muller Rural’

En reunión do pasado luns 7 de outubro, a Xunta de Goberno Local do...

Éxito da actuación de regueifas en Ribas de Sil

Baixo o título de "Regueifas de Bergantiños a Ribas de Sil e a Quiroga",...

Máis dun millón de euros destinou a Deputación a Monforte neste ano, o PP critica a Tomé por discriminar ao resto de concellos

Lembran os populares que no pasado mes de abril o presidente asinara, por decreto,...

O 16 de outubro Pantón sóbese ao autobús do teatro

O autobús que levará aos veciños e veciñas de Pantón sairá ás 14:45h de diante do BBVA. A cita será ás...