HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónRemite o perigo do lume sobre o núcleo do Busto, na Pobra...

Remite o perigo do lume sobre o núcleo do Busto, na Pobra do Brollón

A Consellería do Medio Rural informou de que solicita como medida preventiva a 'Situación 2' no incendio activo na parroquia de Saa, da Pobra do Brollón, pola proximidade do lume ao núcleo do Busto de onde evacuaron de maneira preventiva un grupo de 40 mozos dun campamento.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Medio Rural informou de que o perigo no núcleo de vivendas de Busto, onde se activou a situación de alerta ante a proximidade do incendio rexistrado na parroquia de Saa, na Pobra do Brollón, remitiu.

Así o trasladou a través de redes sociais, na súa conta oficial onde informan da situación dos incendios forestais na Comunidade.

No control deste incendio, que permanece activo desde as 20,37 horas deste xoves e afecta a unha superficie provisional de 65 hectáreas, traballaron 2 técnicos, 3 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros, e van en camiño máis medios aéreos.

EVACUACIÓN DE 40 MOZOS E MOZAS

O incendio rexistrado na Pobra do Brollón, na parroquia de Saa, obrigou a evacuar de maneira preventiva a un grupo de 40 mozos dun campamento na aldea do Busto.

Segundo informou o conselleiro de Medio Rural, José González, “non hai perigo ningún” para estes mozos e manda unha mensaxe de tranquilidade para as súas familias.

Respecto diso, o alcalde A Pobra do Brollón, José Luís Maceda, explica que se trasladado a este grupo de ‘scouts’ procedente de Santiago a un pavillón no que pasarán a noite.

“É un día triste para A Pobra”, afirmou o rexedor. Lamenta o impacto ambiental deste incendio, así como as perdas económicas ao queimar masas forestais. No entanto, valora que non haxa danos materiais nin que non ardese “ningún núcleo de poboación”. Agradece o traballo dos equipos de extinción e espera que se poida recuperar “certa normalidade”.

O CONSELLEIRO DESPRÁZASE

O departamento autonómico tamén informou de que se desprazou á Pobra do Brollón o conselleiro da área, José González, acompañado do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez; do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; e do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

O conselleiro acudirá ao posto de mando avanzado desde o que se xestionan os incendios rexistrados na provincia.

CASE SEISCENTAS HECTÁREAS QUEIMADAS NO COUREL

Os tres incendios rexistrados na localidade lucense de Folgoso do Courel , dous deles próximos a núcleos de vivenda, arrasaron xa 592 hectáreas, segundo as medicións provisionais realizadas pola Consellería de Medio Rural.

Na parroquia de Vilamor orixináronse dous lumes forestais. Un deles, no que se decretou como medida preventiva a ‘situación 2’ de alerta pola proximidade do incendio ao núcleo de Carballal, queimou xa 300 hectáreas.

O segundo, sen risco polo momento para as casas, calcinou 92 hectáreas.

Finalmente, na parroquia de Seceda, tamén en ‘situación 2’ de risco, debido á proximidade do lume ao núcleo de Gamiz (na parroquia de Santalla –concello limítrofe de Samos–), o lume arrasou xa con 200 hectáreas, segundo as estimacións provisionais.

ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra ao 83% de ocupación na Ponte de Todos os Santos

Os aloxamentos da Ribeira Sacra agardan unha ocupación dun 83% para a Ponte de...

O Concello de Chantada amplía o Arquivo Municipal acondicionando o edificio da cámara agraria

Deste modo auméntanse espazos para o arquivo do que dispón o Concello nos baixos...

Monforte decreta 3 días de loito oficial en solidariedade coas familias de falecidos e desaparecidos por mor da DANA

Os danos que ocasionou a DANA en diferentes comunidades autónomas, pero como moita máis...

Coñecendo a recollida das olivas e o proceso de elaboración do aceite de Quiroga

A actividade, baixo o título de "Gustaríache ser olivareiro por un día na Ribeira...