HomePolíticaO Porto Seco e o Hospital de Monforte, emendas socialistas aos orzamentos...

O Porto Seco e o Hospital de Monforte, emendas socialistas aos orzamentos da Xunta.

O PSOE da comarca de Lemos vén de reunirse para definir as emendas que presentarán aos orzamentos da Xunta para o 2019 e que afectan á comarca, en canto a estradas, saneamentos, abastecementos, centros de maiores, vivendas turísticas, novas liñas de autobús ou servizos sanitarios no hospital. 

Publicado o

- Advertisement -

Os socialistas reclaman ao Executivo autonómico do PP que cumpra coas peticións que a  veciñanza da comarca de Lemos leva facendo desde hai 10 anos e que se refiren a dotacións fundamentais para a zona.

Para Bóveda solicitan iniciar o proxecto de construción dun centro de día e dotar ao concello dunha depuradora para mellorar o saneamento. Precisamente o saneamento do concello de Sober é outra das demandas socialistas, aseguran que hai moitos problemas coa calidade da auga e piden saneamento integral das 21 parroquias. Para Pantón reclámase a residencia para maiores comprometida hai anos; a adquisición e rehabilitación integral do poboado da Chaira para vivendas de turismo rural e a dotación dun acceso desde a capitalidade á VAC Lalín-Monforte.

Actuacións en estradas é o que máis reclama o PSOE en Folgoso de Courel, A Pobra dp Brollón, Quioroga e O Saviñao. En Folgoso piden mellorar o treito de 13 quilómentros da a LU-651 de Folgoso a Seoane. Na Pobra solicitan o acondicionamento da LU-933 da Pobra do Brollón a Monforte de Lemos e da LU-653 que une A Pobra do Brollón co Incio. En Quiroga piden o arranxo integral da LU-120 e no Saviñao mellorar a estrada Currelos – Rubián. Para este concello demandan tamén rede de saneamento para varias parroquias e a rehabilitación da capela de Guadalupe na parroquia San Victorio de Ribas de Miño.

Solicitan que Ribas de Sil se dote de liñas de autobús que conecten con Monforte, Lugo e Santiago. No caso do concello de Monforte, os socialistas piden máis fondos para o acceso ao Porto Seco. Para 2019, volve a figurar a partida de 750.000 euros que xa non se executou en outras anualidades e solicítanse fondos para mellorar as instalacións e dotar dos servizos necesarios ao Hospital de Monforte de Lemos. Esta petición veciñal esténdese por toda a Comarca de Lemos.

Xuntanza PSOE comarca de Lemos / PSOE provincial

ÚLTIMAS

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...

Cortes de tráfico esta fin de semana nas rúas monfortinas Doutor Casares e Doutor Teijeiro para reparacións do firme

No caso da rúa Doutor Teijeiro, o tramo afectado é o comprendido entre o...

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...