HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónAxentes forestais ofrecen atención á veciñanza na Pobra do Brollón

Axentes forestais ofrecen atención á veciñanza na Pobra do Brollón

Están adscritos ao Concello da Pobra do Brollón do Distrito VIII-Terra de Lemos e atenden ao público os mércores de 11:00 a 13:00 h. no salón de actos da Casa do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo de axentes ambientais adscritos ao Concello da Pobra do Brollón do Distrito VIII-Terra de Lemos retoma a atención ao público. O servizo ofrécese todos os mércores de 11:00 a 13:00 h. no salón de actos da Casa do Concello.

O equipo, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención sobre todo tipo de temas relacionados coa xestión forestal e os montes. Entre eles inclúense os seguintes:

– Xestionar permisos de corta para uso doméstico.

– Asesoramento e información sobre distancias en plantacións e a xestión de biomasa forestal para a prevención de incendios forestais.

– Información xeral sobre o eido forestal e a tramitación administrativa.

Segundo informan fontes do concello, calquera veciño ou veciña pode usar o servizo, e non cómpre solicitar cita previa para poder ser atendidos/as.

Quen non poida usar o servizo de xeito presencial pode recorrer á atención telefónica nos seguintes números: 609 284 915 (Felipe), 609 968 769 (Javier) e 982 889 122 (oficina central do Distrito VIII-Terra de Lemos).

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...